Escoitar

Caballero: "Queremos un decreto lei urxente que nos permita reutilizar o superávit deste ano, 5.000 millóns"

O presidente da FEMP anunciou que tamén lle pedirá á ministra de Facenda algún mecanismo para devolver aos gobernos locais máis de 750 millóns do IVE de 2017. Na primeira Xunta de Goberno do mandato, Caballero avanzou que a Federación adaptará o texto para a modificación da lei sobre plusvalías ás últimas sentenzas do Constitucional. <br />

martes, 26 nov 2019
1574788850FEMP.JPG
O presidente da FEMP, Abel Caballero, anunciou que pedirá unha reunión urxente coa ministra de Facenda para que o Goberno elabore un decreto lei que permita aos gobernos locais reinvertir o seu superávit de 2019 que, segundo calcula, será de case 5.000 millóns, un 0,4% do PIB. "Queremos un decreto lei -explicou – porque prevemos que non haberá lei de orzamentos aprobada antes de marzo do próximo ano". A norma, asegurou Caballero, deberá contemplar "como xa sucedeu este ano", que o superávit poida licitarse en 2020 e rematar de executarse en 2021, así como ampliar o catálogo de inversións financeiramente sostibles.

O presidente, que encabezou hoxe a primeira Xunta de Goberno da FEMP deste mandato 2019-2023, subliñou que "en 2019 seguiremos a ser a administración máis cumpridora da arquitectura constitucional española, porque seguiremos tendo superávit, reducindo débeda e mantendo teito de gasto". Sobre esta última cuestión, tamén demandará a "plasmación en normas dos acordos do grupo técnico sobre teito de gasto", acordos alcanzados a finais do verán pero que foi imposible levar adiante cun goberno en funcións.

Entre eses acordos figuran a exclusión dos gastos atípicos extraordinarios do cómputo sobre teito de gasto: a incorporación dos gastos plurianuais -fundamentalmente os relacionados con Europa -: que as transgresións de teito de gasto que se solucionen a través de remanentes non leven aparellada a elaboración dun Plan Económico Financeiro (PEF); e que a lei de finanzamento teña un regulamento.

O presidente, que valorou de forma positiva a recepción nos gobernos locais das entregas a conta este próximo mes, asegurou "falta por resolver o problema do SI-IVE, a cota mensual de decembro de 2017" que "se escatimou aos concellos e deputacións por razóns contables", e que ascende a 753 millóns de euros. "Ao seu xuízo poderíase arreglarse doutro xeito" e "queremos reclamalo". O mecanismo para retornar esta cantidade é outra das cuestións que o presidente da FEMP prantexará á titular de Facenda.

En relación co imposto de plusvalías, pendente a súa reforma da actividade lexislativa das cámaras, Abel Caballero anunciou que, ao texto xa acordado para tramitación, engadiranse modificacións que se axusten á última sentenza do Tribunal Constitucional, no senso de que "a cota do imposto non pode superar a plusvalía que efectivamente tivera o suxeito pasivo".

Caballero concluíu lembrando que "queremos a reforma da financiación local, queremos que se faga simultaneamente e en paralelo á financiación das comunidades autónomas. Non queremos quedar de factor residual" despois da negociación da financiación autonómica", asegurou.
Descargar todas as imaxes