O "tirón" do Nadal mellora as cifras do desemprego na cidade no mes de novembro
O mes de novembro foi un mes positivo para o desemprego en Vigo, con 648 parados menos que o ano pasado. O sector servizos foi o que máis contribuíu a esta mellora con 200 desempregados menos.
Vigo rexistrou baixadas de desemprego "bastante importantes" no pasado mes de novembro ao contrario que sucedeu no conxunto de Galicia. Vigo ten 648 parados menos que o ano pasado e 236 menos que en outubro polo que "novembro foi un mes de "forte tirón do emprego e todos sabemos porque". Por sectores, o de servizos foi o que máis contribuíu a esta mellora, cunha baixada de 200 desempregados, mentres que na industria o descenso foi de 117 desempregados. O Nadal de Vigo está a "tirar" tamén do aloxamento de todo o sur da provincia, un área de medio millón de persoas, engadiu.