Concello e Deputación asinan o convenio de cesión do edificio da rúa Chao
Abel Caballero e Carmela Silva rubricaron este luns o acordo polo que o Concello cede durante 10 anos o edificio municipal da rúa Chao á entidade provincial para "reforzar a súa presenza en Vigo".
O alcalde apuntou que coa cesión "poñemos en uso o edificio, rehabilitamos urbanisticamente, culturalmente e historicamente esta infraestrutura" que a Deputación empregará como sede na cidade durante 10 anos, renunciando ao anexo do antigo Reitorado que ocupaba ata este momento. " É interesante para as dúas institucións e para a cidade", afirmou.
Segundo Caballero, coa sinatura deste convenio "dámoslle contido institucional ao Casco Vello, algo moi importante para a súa rexeneración e recuperación" referíndose ao cambio que está experimentando, sendo agora unha "zona de paseo de familiares".
Así mesmo, co traslado da sede institucional ao edificio da rúa Chao, a Deputación quere reforzar a súa presenza en Vigo achegándose á cidadanía e asumindo o compromiso de transformar a nova sede nun espazo social participativo. Deste xeito, Concello e Deputación acordaron realizar "conxuntamente unha exposición fotográfica anual permanente da vida na cidade, de tal modo que unha parte do edificio será espazo de fotografía".
Orzamento Municipal 2020
O rexedor informou tamén da publicación este luns no Boletín Oficial da provincia da aprobación inicial do presuposto do Concello para o ano 2020. A previsión do goberno municipal é que se aprobe definitivamente na sesión plenaria do día 23 de decembro.
Para Abel Caballero este é o orzamento "máis importante da historia da cidade con 267,7 millóns de euros", o que supón unha suba do 4,11% respecto ao de 2019; son 10,5 millóns máis. Lembrou tamén o alcalde que o Concello ten débeda cero, mantén a presión máis baixa de tódalas cidades de Galicia, un 20% do orzamento ten dedicación social, 43 millóns de euros son para investimentos e contempla 17 millóns en exencións fiscais para a cidadanía.