O Concello propón seis novas áreas de rehabilitación de vivendas cunha inversión de 50 millóns
A Xerencia de Urbanismo deu luz verde á proposta de declaración de área de rehabilitación a Beiramar, Espiñeiro, Grupo Fenosa, A Salgueira, San Roque e San Pablo. Esta iniciativa permitirá intervir en 1.624 vivendas cun orzamento aproximado de 50 millóns, dos que o 50% sería financiado polo Plan de Vivenda 2018-2021.
O alcalde deu conta da aprobación da proposta de declaración de "Area de rehabilitación integral xeral descontinua de Beiramar, Espiñeiro, Grupo Fenosa, A Salgueira, San Roque e San Pablo. A Xerencia de Urbanismo vai solicitar á Xunta a aprobación desta declaración para que estas zonas poidan acollerse ás axudas previstas no Plan Vivenda 2018-2021.
O obxectivo é xerar unha área de rehabilitación descontinua coa finalidade de poder utilizar os fondos das subvencións de rehabilitación nos edificios que sexan necesarias en toda a área. A proposta inclúe 1.624 vivendas agrupadas en 176 edificios cunha superficie de 86.364 m2. Todas estas construcións datan de entre 1940 e 1970, con inmobles que foron promovidos por empresas o por administracións públicas. Todas presentan na actualidade problemas de urbanización, de accesibilidade ou de illamento polo que se trata dunha actuación "estratéxica" para mellorar a calidade de vida de 1.624 familias.
O obxectivo é executar un investimento de 50 millóns de euros, dos que o 50% sería subvencionado con fondos públicos. Estas novas ARIS súmanse ás xa existentes na cidade: Casco Vello, Bouzas, Santa Clara e Coia -rúas Bueu e Moaña - , estas dúas últimas incorporáronse neste ano 2019.