A presidenta de Adif garántelle ao alcalde que Vigo está na rede básica do Corredor Atlántico
Abel Caballero informou este mércores do contido da carta remitida por Isabel Pardo de Vera na que ofrece "tódalas garantías desde Adif de que Vigo e o Porto de Vigo están na rede básica europea e prioritaria para Adif".
O rexedor deu conta da recepción dunha misiva da presidenta do Adiminstrador de Infraestruturas Ferroviarias na que "reafirma unha vez máis, o firme compromiso de Adif co Corredor Atlántico" denunciando a "torticeira información vertida por unha intervención dun cargo menor de Adfi que fala dun corredor ferroviario concreto", que non é o que discorre por Vigo.
Segundo expuxo Caballero, Isabel Pardo de Vera asegura que ADIF está "impulsando como nunca se fixo o sistema ferroviario na súa visión multimodal máis integral" e fala directamente do Plan Director "Corredor Atlántico" que é o oficial dos corredores ferroviarios de mercancías de España. Nese Plan figura a conexión dos Portos de Ferrol, A Coruña e Vigo, directamente a través de Ourense e Monforte de Lemos coa rede europea, en rede básica electrificada e, polo tanto, é unha cuestión atendida en detalle desde ADIF.
Pardo de Vera resalta na misiva a importancia que para Adif ten a conexión de Vigo e o seu porto co Corredor Atlántico, "un gran porto de mercancía e fundamental no Corredor ferroviario", en palabras do alcalde, e a ampliación do corredor que xa foi aprobada por Europa, xa forma parte dos plans de Adif, "este é o corredor básico no que está traballando e así o garante por escrito".
Segundo Abel Caballero ese corredor básico contempla o percorrido A Coruña-Vigo-Ourense-León e Xixón-León-Valladolid pero ademais inclúe a conexión na rede global de Vigo con Oporto, algo "excepcionalmente importante para Vigo, que está na rede básica, que é a importante, aprobada provisionalmente por Europa e que será ratificada en 2020 e estamos na rede global, que é a segunda rede, na conexión con Oporto".
Así, o alcalde recalca que Adif ofrece "tódalas garantías de que Vigo e o Porto de Vigo está na rede básica europea e prioritaria para Adif, coa mesma prioridade que calquera outra de España" e así o recolle na carta con estas palabras textuais: "Este obxectivo é igual de importante que o resto de actuacións que se están planificando, proxectando e executando como parte das melloras necesarias para a materialización do Corredor Atlántico no noso país".
Descargar todas as imaxes