Caballero recibe aos novos bombeiros dos parques municipais
O rexedor lembrou a decisión de construír un novo parque de bombeiros en Bouzas cun orzamento de case 900.000 euros.
Abel Caballero saudou este xoves aos 12 novos bombeiros que entran a formar parte dos parques municipais de Teis e Balaídos. Son efectivos que aprobaron a oposición nos anos 2018 e 2019 e que despois de realizar o curso de formación están operativos desde o 15 de outubro. Así, o cadro de persoal de bombeiros nestes momentos está en 108 efectivos contando cun orzamento de 9,2 millóns de euros anuais.
O rexedor explicou que o Concello proxecta un novo parque de bombeiros en Bouzas, situado ao carón do Instituto de Investigacións Mariñas e diante do Instituto Audiovisual, de xeito que queda "ao carón do Porto e da zona de máis risco, preto dos estaleiros con aceso fácil a unha parte da industria da automoción e a unha parte importante do centro da cidade". Un proxecto ao que o goberno municipal destinará case 900.000 euros.
Descargar todas as imaxes