Escoitar

Vigo rexistrou este ano un aumento das pernoctacións dun 11,47% respecto a 2018

O alcalde deu conta esta mañá do crecemento das pernoctacións nun 11,47% respecto a 2018, un ano que xa foi "excepcional" desde o punto de vista do turismo. No pasado mes de novembro, a cidade achegou o 41% dos visitantes da provincia de Pontevedra.

venres, 20 dec 2019
1576849307201219ComercioNadal_01.JPG
No mes de novembro Vigo albergou 65.668 pernoctas, unha cifra que se eleva ás 859.590 no acumulado do ano e que supón unha suba dun 11,47% respecto a 2018, un ano no que xa houbo rexistros "espectaculares". Son niveis de ocupación "récord" desde que hai datos do INE, dixo Caballero, engadindo que Vigo aportou o 41% dos visitantes que pasaron durante o pasado mes pola provincia de Pontevedra.

O rexedor trasladou estes datos a un nutrido grupo de hostaleiros e comerciantes da cidade cos que mantivo un encontro no MARCO para felicitalos pola súa labor durante estas datas.
1576849307201219ComercioNadal_01.JPG
1576849314201219ComercioNadal_02.JPG
Descargar todas as imaxes