Escoitar

O Concello celebra a calidade do Torneo Globalmar-Cidade de Vigo de balonmán alevín, no pavillón do Loureiro

O campionato, do xoves 26 ao domingo 29 deste mes, cítase por terceiro ano no pavillón do Loureiro, en Carballal, con récord de inscritos (quince equipos de doce clubs, con 300 nenas e nenos) e por vez primeira con equipos doutras comunidades autónomas (Asturias e Cataluña).

venres, 20 dec 2019
1576867673Globalmar.jpg
O Concello de Vigo celebra a disputa por cuartas vacacións de Nadal consecutivas do Torneo Globalmar-Cidade de Vigo de categoría alevín de balonmán. Manel Fernández, edil de Deportes, presentou o evento acompañado por Manel Rivas, cabeza visible da organización, e doutros membros da organización e patrocinadores.

O campionato, do xoves 26 ao domingo 29 deste mes, cítase por terceiro ano no pavillón do Loureiro, en Carballal, con récord de inscritos (quince equipos de doce clubs, con 300 nenas e nenos) e por vez primeira con equipos doutras comunidades autónomas (Asturias e Cataluña).

Con entrada gratuíta, o torneo é o mellor de Galicia (os equipos comen no propio polideportivo grazas ao apoio de Frutas Sol, Agua Sana, Gadis e Tuypan) e como nas anteriores edicións haberá cadro masculino e feminino. A organización contará con animación e outras accións paralelas en cada xornada para ofertar máis que unha serie de partidos e o concelleiro de Deportes celebrou "a aposta por un trofeo de excelente nivel que xa é toda unha referencia", dixo. De feito, o xogan "as mellores canteiras de Galicia", manifestou o representante do comité organizador.
Descargar todas as imaxes