Escoitar

O Concello habilita unha nova rotonda en Samil para mellorar o tráfico e a seguridade

O alcalde explicou que tamén se creará unha zona específica para os autobueses ao carón do Verbum. Ademais, o goberno municipal iniciou as obras de humanización de Coutadas cun orzamento de 407.000 euros.

martes, 4 xuñ 2019
Abel Caballero informou este martes da execución dunha rotonda na Avenida de Samil, no cruce con Argazada, que permitirá mellorar a seguridade e a fluidez de tráfico, especialmente no verán cando se produce unha maior afluencia circulatoria.

Segundo expuxo o rexedor, a nova rotonda permitirá tamén realizar o cambio de sentido na avenida e acceder cara a rúa Argazada sen facer manobras de perigo. Ademais, o Concello habilitará unha zona específica para autobuses xunto ao museo Verbum, co fin de facilitar el embarque e desembarque de pasaxeiros.

Humanización Coutadas
O goberno municipal iniciou xa os traballos de humanización da segunda fase da rúa Coutadas, unha actuación entre a rúa Santander e o paso superior sobre a AP9, que ten un investimento total de preto de 1 millón de euros.