Escoitar

Abel Caballero destaca o carácter aberto de Vigo e invita á comunidade musulmá a sentirse parte da cidade

Abel Caballero participou este martes na festa da comunidade musulmá de Vigo no pavillón do Berbés. O alcalde tomou a palabra durante os actos para invitar a todos os presentes a sentirse partes da cidade e destacou o carácter aberto dos vigueses cara a outras comunidades e outras culturas.

martes, 4 xuñ 2019
1559653426190604FiestaMusulmana.jpeg
O Centro Cultural Islámico de Vigo celebrou este martes o fin do Ramadán no pavillón do Berbés coa presenza duns 300 membros da comunidade musulmá e cun acto no que participou tamén o alcalde, Abel Caballero.

O rexedor estivo presente nunha das festas máis importantes, o fin do Ramadán, e invitou aos presentes a sentirse parte da cidade. Caballero destacou o carácter aberto de Vigo ante outras comunidades e outras culturas.

Xunto co sacrificio do cordeiro, esta é unha das celebracións máis importantes da poboación musulmá na cidade. Antes a festa era celebrada no seu local social, en Canadelo, pero debido á grande afluencia optouse por acudir ao pavillón de O Berbés.
Descargar todas as imaxes