O alcalde avoga por liderar a eliminación dos plásticos e dos gases con efecto invernadoiro
Abel Caballero quere que Vigo avance na senda da eliminación dos plásticos e dos gases de efecto invernadoiro liderando movementos medioambientais. A propósito da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente -5 de xuño – o alcalde insistiu na necesidade de promover o transporte público para contribuír a diminuír a contaminación.
Con motivo da conmemoración o próximo 5 de xuño do Día Mundial do Medio Ambiente, o alcalde anunciou a súa intención de converter Vigo nunha cidade libre de plásticos e de gases de efecto invernadoiro. Na mesma liña insistiu na necesidade de promover o transporte público para substituír aos coches, na busca de sistemas de mobilidade moito máis eficientes e non contaminantes. A este respecto, referiuse á próxima posta en marcha dos novos carrís bici que entrarán en funcionamento próximamente en Venezuela, Camelias e na avenida Castelao.
Vitrasa súmase un ano máis a esta celebración e durante a Semana do Medio Ambiente incorporará aos seus autobuses papeleiras amarelas de recollida de plásticos.
Vitrasa súmase un ano máis a esta celebración e durante a Semana do Medio Ambiente incorporará aos seus autobuses papeleiras amarelas de recollida de plásticos.