Escoitar

Caballero anima a participar na Andaina contra o cancro infantil, o próximo 9 de xuño

A terceira edición da Andaina solidaria parte da Praza do Rei o domingo 9 de xuño e finalizará no parque de Castrelos, onde haberá actividades e agasallos para os máis pequenos. A recadación irá en beneficio das asociacións Bicos de Papel e Asanog.

venres, 31 mai 2019
1559306227andaina.jpeg
Abel Caballero participou este venres na rolda de prensa xunto ao presidente de Central Radio Taxi Vigo, Manuel Chorén, o vicepresidente, Emilio Mosquera, a presidenta de Bicos de Papel, Natalia Dieste, e o seu homólogo de Asanog, Gonzalo Autrán, ademais dos concelleiros en funcións de Deportes, Manel Fernández, e de Transportes, Ángeles Marra.

A terceira Andaina solidaria contra o cancro infantil celebrarase o domingo 9 de xuño, con saída ás 11h na Praza do Rei, desde onde baixarán ata Cachamuiña, Falperra, Pi y Margall, López Mora, Praza de América e Avenida de Castrelos. Conclúe a marcha no parque de Castrelos, onde a organización emprazará actividades e agasallos para os máis pequenos. Os participantes entrarán nun sorteo de produtos doados polas firmas colaboradoras, que terá lugar na chegada ao parque de Castrelos.

O evento está organizado pola Central Radio Taxi Vigo, en colaboración co Concello de Vigo, e está dirixido a todo tipo de persoas, de calquera tramo de idade, cun fin benéfico e solidario. Para participar é necesaria a inscrición previa, cunha cota solidaria de cinco euros, que se pode formalizar na Cooperativa de Taxis e en El Corte Inglés.
Descargar todas as imaxes