venres, 31 maio 2019

O Concello prevé licitar en agosto a nova bancada de Marcador

Abel Caballero informou este venres do prazo estimado para licitar a construción da nova bancada de Marcador, no estadio municipal de Balaídos, unha vez recibida a autorización de Augas de Galicia, que tiña carácter vinculante. A previsión é adxudicar a obra -cun orzamento de 13,8 millóns- no outono.

O alcalde felicita ao colexio O Rocío polo seu 75 aniversario

venres, 31 mai 2019

O rexedor en funcións acudiu este venres aos actos do 75 aniversario do Centro de Educación Infantil e Primario O Rocío e, ademais de felicitar a profesores e alumnos, entregou á directora o galardón do premio Vigueses Distinguidos que foille concedido o pasado mes de marzo durante os festexos da Reconquista.