xoves, 30 mai 2019
A sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local adxudicou este xoves a autorización municipal para os quioscos de verán nas praias. En total, serán once quioscos en seis areais da cidade.
xoves, 30 mai 2019
O alcalde visita este xoves a horta de Pedro Alvarado en Teis onde preto de 50 persoas cultivan unha parcela dentro do programa de horta-escola que ofrece o Concello.
xoves, 30 mai 2019
Abel Caballero presidiu esta mañá por videoconferencia a Xunta de Voceiros da FEMP, unha reunión de "carácter máis rutineiro" ao estar en funcións todos os alcaldes e alcaldesas de España, polo que adían as decisións máis importantes para cando estean constituídas as novas corporacións. O presidente da FEMP explicou que quedou aprobada a axenda internacional da entidade "moi singular e importante" e quedou constancia de que a Xunta de Contratación ten "cada vez máis concellos adheridos e é un sistema que está funcionando ben", recalcou.
xoves, 30 mai 2019
O parque do Castro será unha vez máis o lugar elixido para gozar das actividades da Pedaliña o próximo sábado 1 de xuño. Ao día seguinte, será a quenda da ruta urbana en bicicleta que comezará e rematará na Porta do Sol.
xoves, 30 mai 2019
Abel Caballero visitou este xoves no Tinglado do Porto a exposición conmemorativa do 40 aniversario da incorporación da muller á Policía Nacional, que permanecerá aberta durante unha semana. Vigo é a única cidade galega na que poderá visitarse a mostra, un aspecto que agradeceu o rexedor ao tempo que puxo en valor a traxectoria da Policía que "soubo camiñar cos tempos" e traballar en favor da igualdade laboral entre homes e mulleres.
xoves, 30 mai 2019
Abel Caballero achegouse este xoves ata o CEIP San Salvador de Teis, onde comezou unha proposta na que alumnado do IES de Teis fan lecturas teatralizadas aos escolares do colexio, co acto central no parque da Riouxa.