O Concello inicia o proceso para decorar con murais outros doce centros escolares da cidade
O Concello de Vigo iniciou o expediente para contratar a redacción do proxecto de pintado de muros en colexios dentro do Programa de Medianeiras. Na nova actuación serán outros 12 centros educativos os que xa presentaron a súa proposta para que os murais ocupe un determinado espazo do colexio.
Doce novos murais decorarán os muros doutros tantos centros educativos dentro do V Programa para Arrumbar Medianeiras do Concello de Vigo. O alcalde en funcións, Abel Caballero, avanzou na súa rolda de prensa que xa está iniciado o expediente para redactor o proxecto da iniciativa.
Os colexios seleccionados este ano serán CEIP Canicouva, CEIP Escultor Acuña, CEIP Frián Teis, CEIP Vicente Risco, CEP Igrexa Valadares, CPR Nuestra Sra Esperanza, CPR Possumus, EEI Monte do Alba, EPA Adultos Berbés, IES Castelao, IES Coruxo e CEP Santa Mariña.
"A idea é preparar o proxecto antes do verán para poder executalo coa volta ao cole dos nenos e nenas", sinalou o rexedor. A elección dos murais levarase a cabo de forma consensuada entre os centros escolares e los artistas locais que elixirá o Concello de Vigo, segundo apuntou Caballero.
Vigo xa conta con case 70 murais urbanos grazas ás cinco edicións do programa de medianeiras.