Escoitar

O rexedor anima ao alumnado a traballar na defensa do medio ambiente

Abel Caballero asistiu este mércores no Colexio Apóstol Santiago aos actos da campaña mundial pola educación en Galicia cuxa temática aborda a sostibilidade ambiental e no que participaron tamén estudantes do Colexio Miralba e do San Xosé da Guía.

mércores, 29 mai 2019
1559132340jesuitas.JPG
O alcalde destacou a bandeira azul conseguida pola praia de Samil este ano e animou aos escolares a que sigan defendendo o medio ambiente e a vida do planeta como unha "responsabilidade da vosa xeración para solucionar o problema herdado de xeracións anteriores".
Descargar todas as imaxes