A reforma da Gran Vía arrancará a mediados de xuño cun orzamento de 5,1 millóns

A colocación das ramplas na Gran Vía -entre María Berdiales e Venezuela – comezarán a mediados de xuño, cun orzamento de 5,1 millóns. Ademais, e tal e como avanzou o rexedor esta mañá, esta semana comezaron as sondaxes arqueolóxicas de García Barbón, no tramo que vai desde Rosalía de Castro e Isaac Peral. <br />

martes, 28 mai 2019
O alcalde avanzou esta mañá que a mediados de xuño comezará a reforma da Gran Vía -entre María Berdiales e Venezuela – con 200 metros de percorrido no que se instalarán ramplas que facilitarán a mobilidade e a eficiencia enerxética. Cun orzamento de 5,1 millón de euros, incluiranse espazos abertos de descanso, reordenarase o tránsito, ademais de renovar as redes de saneamento, pluviais, abastecemento, rego, alumeado, pozos e conexións con edificios. En declaracións aos medios, Caballero tamén aludiu á humanización da rúa Coutadas, que comezará a finais desta semana, cun orzamento de medio millón de euros.

Outros traballos que se iniciaron estes días son as sondaxes arqueolóxicas de García Barbón (entre Rosalía de Castro e Isaac Peral). A humanización desta nova fase da rúa inclúe a renovación da pavimentación, das canalizacións, ademais de novo mobiliario urbano. Tal e como lembrou o rexedor, esta obra non recibiu o visto bo de Patrimonio debido a intención do goberno local de substituír a escultura da rotonda, unha decisión non xustificada, dixo o rexedor, tendo en conta esa escultura creouse para outro espazo e veu trasladada doutra zona da cidade. Unha vez superados estes obstáculos, o obxectivo a proseguir coa reforma de García Barbón, no tramo que vai desde Isaac Peral ata Sanjurjo Badía.

O rexedor deu conta, a súa vez, do inicio onte das obras en Luis Taboada, mentres que as de Carral e Vitoria arrancarán a semana que vén. O Concello substituirá o adoquín destas rúas, -que foron mal humanizadas por gobernos anteriores – por un asfalto máis resistente e anti ruído, seguindo o modelo da Praza Compostela.