Escoitar

O Concello abrirá o luns o prazo de inscrición para os campamentos de verán

As inscricións para os campamentos de verán do Concello de Vigo poderán facerse desde o vindeiro luns, 27 de maio, ata o día 30 do mesmo mes. Os interesados poderán cumprimentar os requisitos a través da páxina web xuventudevigo.org.

xoves, 23 mai 2019
O Concello de Vigo abrirá o prazo para as inscricións dos campamentos de verán 2019 o vindeiro luns, logo de ser publicado o anuncio no Boletín Oficinal da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

Os campamentos e actividades de verán organízanse desde as concellerías Xuventude, Deportes, Política Social, Festas, Normalización Lingüística, Medio Ambiente e Educación. As propostas son para todas as idades, desde os 0 ata os 30 anos.

O prazo inscribirse comenzará este luns, 27 de maio, e estará aberto ata o 30 de maio. As prazas serán outorgadas en réxime de concorrencia competitiva e para realizar as solicitudes é preciso previamente darse de alta como solicitante, inscribir aos menores e solicitar as actividades na web veran.xuventudevigo.org.

Acordos da Xunta de Goberno Local
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe os convenios coa Asociación Cultural Filharmónica de Vigo por un importe de 18.000 euros, coa Fundación Carlos Casares, por un valor de 6.000 euros, e co Club Deportivo Valladares para o desenvolvemento do seu proxecto de elite por un importe de 10.000 euros. Amais, a Xunta de Goberno deu o visto bo á contratación da produción técnica dos espectáculos e actividades do programa Vigo en Festas 2019 no Auditorio de Castrelos cun orzamento de 323.000 euros.