O M.U.F.F. ofrece durante catro días gastronomía, cervexa e música no Mar de Vigo
O alcalde inaugura o festival de Mahou que conta con actividades para todos os públicos e que se celebra desde hoxe e ata o domingo na entrada do Auditorio Mar de Vigo.
Gastronomía, cervexa e música únense neste festival que cumpre a súa quinta edición e que contará coas propostas gastronómicas de 12 coñecidos establecementos galegos que aspiran a alzarse co premio á mellor tapa.
Abel Caballero participou na inauguración do evento e destacou a importancia que ten o turismo para esta cidade, como parte central do devir da sociedade. Tamén estiveron a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o Secretario Xeral de Hostalería, Emilio Gallego; o presidente da Federación de Hostalería de Pontevedra, César Ballesteros; representantes de Mahou e os chefs Lucía Freitas, Luís Veira e Rafa Centeno.
Durante estes catro días, o Mahou Urban Food Festival acollerá presentacións de tapas, showcookings, exhibicións de tiraxe de cervexa, talleres, catas, actuacións de distintos DJs da zona e, o sábado, o concerto de Smile.
Descargar todas as imaxes