O alcalde convida á cidade a sumarse ao II Festival solidario de Máis que Auga
A xornada deportiva e lúdica celébrase este sábado en Navia coa finalidade de recadar axuda para o Banco de Alimentos. Amais de masterclass de diferentes disciplinas o II FestiMáis contará cun tobogán de 120 metros para goce dos cativos.
Abel Caballero presentou en rolda de prensa o II FestiMáis, festival lúdico, deportivo e solidario que organizan os centros Máis que Auga coa colaboración do Concello e que se celebra este sábado, 1 de xuño, en Navia, entre as 9:30 e as 20 horas da tarde. O alcalde convidou á cidade a "gozar da xornada" e a coñecer o traballo que desenvolven estes centros deportivos.
Francisco Cortegoso, director de operacións de Máis que Auga agradeceu o apoio do Concello e relatou as masterclass que organizarán: zumba, body pump, body combat, hipopresivos, andainas ou unha clase de ciclo indoor á que poderán sumarse ata 120 personas, o que será unha marca histórica na cidade. Amais, apuntou que contarán cun tobogán xigante, de 110 metros de longo, para o goce dos máis pequenos, haberá festa da escuma, títeres, manualidades, pintacaras ou o concerto de Uxía Lambona e a banda molona.
Para participar na xornada será imprescindible achegar 2 quilos de alimentos non perecedoiros no caso das actividades lúdicas e 4 quilos no caso das actividades deportivas para doar ao Banco de Alimentos. O seu presidente, Pedro Pereira destacou a solidariedade viguesa que, dixo, quedará demostrada tamén este sábado no evento de Máis que Auga.
Descargar todas as imaxes