O Concello aproba a concesión de 900 becas a estudantes do programa "Vigo en Inglés"
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou na súa sesión do 30 de maio a aprobación das listas definitivas de adxudicación, agarda e denegación das becas do Programa Municipal de Inmersión Lingüística (PILI). O número de prazas aumentouse finalmente ata 900 para cubrir todas as solicitudes.
O Concello de Vigo aprobou este xoves na Xunta de Goberno Local as las listas definitivas de adxudicación, agarda e denegación para que estudantes de 3º da ESO estuden o idioma a través do programa "Vigo en inglés".
Segundo explicou Abel Caballero, no ano 2018, foron 750 os mozos e mozas que pasaron case un mes aprendendo o idioma con familias no Reino Unido dentro do Programa Municipal de Inmersión Lingüística (PILI), pero na presente edición de 2019 foron recibidas 962 solicitudes, polo que o Concello acordou aumentar o número de prazas en 147 para poder incluír a todos os estudantes.
Desta forma foron aprobadas finalmente 897 praza e o importe do contrato aumentou en 340.893 euros e pasou de 1,7 millóns a 2,04 millóns. A achega por alumno ronda os 2.300 euros. "Non queremos que ningún chico nin chica quede fora das becas, polo que ampliamos as prazas e o investimento, sempre temos unha 50 ou 60 renuncias", apuntou o alcalde.
Caballero explicou tamén que na Escola Oficial de Idiomas hai outras 100 becas para estudar no estranxeiro, polo que son uns 1.000 alumnos os que viaxan grazas ás achegas municipais.