As hortas urbanas municipais contan con 300 usuarios cada ano
O alcalde visita este xoves a horta de Pedro Alvarado en Teis onde preto de 50 persoas cultivan unha parcela dentro do programa de horta-escola que ofrece o Concello.
"É un programa de éxito que continuaremos" apuntou Abel Caballero ao resumir a actividade das hortas urbanas municipais desde a súa posta en funcionamento, un tempo no que máis de 1200 persoas tiveron a oportunidade de cultivar a súa parcela nalgún dos espazos habilitados polo Concello.
Nestes momentos, están abertas dúas hortas urbanas en Ramón Nieto, unha en Sardomela, Navia, Camelias, Pedro Alvarado, Casa da Xuventude e o Zoo cunha media de 300 usuarios anuais. Para moitos, este programa supón o seu primeiro contacto co cultivo de verduras ou hortalizas, tal e como explicou o alcalde. Por iso, o programa municipal inclúe unha parte formativa na que os usuarios reciben instrucións sobre a forma de cultivo para coñecer todo o ciclo de sementeira e recolla dos alimentos.
Caballero visitou este xoves a horta de Pedro Alvarado, que conta con preto de 50 usuarios nestes momentos e destacou a importancia da experiencia porque "xera cultura de campo, da crianza, dos coidados da terra".