Escoitar

O Verán Deportivo acolle cinco modalidades e 2.000 participantes en Samil

Samil volve a recibir cinco deportes este verán, que se repartirán en seis fines de semana e once días de competición dende este domingo día 2 ata xullo. A pista Vigoarea, coma sempre ao carón do complexo deportivo municipal, vai ofertar balonmán, tenis, voleibol, futvolei e fútbol na praia urbana.

venres, 31 mai 2019
1559555977veran.jpeg
Fiel á súa cita da época estival, o "Verán Deportivo", que organiza Evento Global co patrocinio do Concello e de varias firmas comerciais (Coca-Cola, Gadis, Decathlon, Rodosa e Aquabona), abre os campionatos co futvolei e o tenis praia ao longo de todo este domingo.

A organización presenta a novidade de que ámbalas dúas modalidades e o fútbol praia vanse xogar nesta edición polo sistema de liga a tres xornadas, mentres que o balonmán praia (8 e 9 de xuño) e o volei praia (13 e 14 de xullo) van celebrar o tradicional Cidade de Vigo.

Manel Fernández, concelleiro de Deportes, explicou que este é un xeito máis de fomentar o deporte "tamén no verán", e lembrou que os eventos moverán uns 2.000 participantes.

Co concelleiro estiveron na presentación María Troncoso (Coca-Cola) e Alejandro Lomba (Decathlon), que explicaron as liñas xerais do seu apoio. Pola banda de Iberian Partners, a sostibilidade do evento, respectuoso co medio ambiente e que vai seguir protocolos para a reciclaxe; Decathlon dotará ao evento de premios en material deportivo e, ademais, fará diversos tests do seu material na propia praia.

A proba coincide coa terceiro evento do circuíto galego de futvoleyie Germán Martínez, presidente da Asociación Futvolei Vigo, anunciou para este domingo un récord de parellas (42) e presencia estranxeira (Brasil e Portugal). O tenis praia tamén está a amosarse como un deporte en expansión.

Á rolda de prensa acudiron tamén Uxío Caamaño, en representación da asociación arbitral Ar-Vi (organizan un torneo internacional de fútbol praia para árbitros) os días 22 e 23 de xuño e Quique Sánchez (fútbol praia).

Descargar todas as imaxes