O alcalde, satisfeito coa adxudicación das obras da estación de autobuses
Abel Caballero sinalou que o Concello ten solicitado a ADIF a convocatoria da comisión de seguimento dos accesos á estación de Vialia para poder pechar o proxecto.
O rexedor en funcións manifestou este venres a súa "satisfacción" pola adxudicación das obras da nova estación autobuses, o que cualificou como "unha boa noticia para a cidade" e dixo que o Concello solicitou xa a ADIF a convocatoria da comisión de seguimento dos accesos a Vialia para "cerrar definitivamente o proxecto da contorna da estación do AVE e da estación de autobuses".
Caballero sinalou que existen catro aspectos "practicamente acordados" sobre o proxecto que se vai executar: a estación de tren con parte comercial enriba, a estación de autobuses que vén de adxudicar a Xunta de GAlicia, a praza da estación e os accesos; é dicir a entrada e saída a Vigo a través do túnel que se vai construír na rúa Lepanto e que conectará coa autoestrada. Estes catro aspectos, indicou, requiren dunha addenda ao convenio xa asinado para os túneles de saída da cidade.