Os campos de fútbol municipais estarán en funcionamento en outono logo das obras
O rexedor en funcións explicou que tralas obras realizadas para renovar o céspede e a iluminación en Navia, Candeán e o Meixoeiro, o Concello está acondicionando os campos da Bouzas e o Baltasar Pujales.
O goberno municipal ten rematadas xa as obras de rehabilitación dos campos de fútbol de Navia, Meixoeiro e Candeán mentres se executan as previstas na Bouza e no Baltasar Pujales en Bouzas, unha vez que finalizou a temporada de competicións.
Así, tal e como apuntou Abel Caballero, está previsto que en outono teñan rematado as intervencións nos outros recintos municipais que, nestes momentos se atopan en fase de tramitación. Son os campos de Monte da Mina, As Relfas, San Andrés de Comesaña, A Guía, Fragoselo e O Vao. "A tramitación acabará de forma inmediata para que en outono todos os campos de fútbol municipais estean rehabilitados, con céspede e con luz e, polo tanto, dispoñibles para xogar nas condicións que cremos convenientes", recalcou.