Escoitar

O Concello abre a pista de skate municipal do Castro tras levar a cabo unha reforma completa

A pista de skate do monte do Castro abriu este venres de novo coas instalacións totalmente renovadas. O Concello levou a cabo un investimento preto dos 40.000 euros para remodelar completamente o parque deportivo.

venres, 31 mai 2019
O parque de skate do monte do Castro ábrese ao público este 31 de maio despois das obras de mellora efectuadas ao longo das últimas semanas, uníndose así ás instalacións xa dispoñibles en Navia, Jenaro de la Fuente ou Barreiro, segundo anunciou Abel Caballero en rolda de prensa.

Cun investimento de 36.500 euros, o Concello de Vigo adecuou unha superficie de 800 metros cadrados na que se remodelaron e crearon novos elementos como un plano inclinado con 'cuarter extension', 'sub box' e 'fun box', un módulo 'central street' con varanda, unha pirámide con caixóns, un 'cuarter' grande, un caixón e varandas varias.

O alcalde sinalou que tamén embeleceuse a zona coa decoración das paredes con estilo ‘anos 80’ e arranxouse a zona verde da contorna, instalouse iluminación led do espazo de xogo e incluíuse nova cartelería coas normas de utilización do espazo.