mércores, 5 xuñ 2019
O goberno de Vigo vén de adxudicar o contrato para os próximos oito anos e medio cun orzamento de 35,6 millóns. Ademais de xestionar a sala de tráfico, a rede semafórica e os túneles da cidade, o Concello despregará a infraestrutura que faga posible a interacción da cidade co vehículo intelixente.
mércores, 5 xuñ 2019
O alcalde de Vigo anunciou este mércores a contratación dos servizos técnicos e docentes para as piscinas cubertas e os ximnasios municipais da cidade. O contrato é por dous anos e un importe de máis de 5 millóns de euros.
mércores, 5 xuñ 2019
O alcalde de Vigo reiterou esta mañá a súa intención de que Vigo sexa unha cidade libre de plásticos para o Concello vai liderar unha campaña para loitar contra a maior agresión ao medio ambiente. Na mesma liña, destacou a nova depuradora, que -financiada por Concello e Unión Europea - permitiu recuperar a desembocadura do Lagares.
mércores, 5 xuñ 2019
O alcalde en funcións animou esta mañá a máis de 2000 escolares de 55 colexios vigueses e da comarca a que "estuden, primeiro, e se divirtan despois" durante o acto de entrega dos premios de Faro da Escola, unha convocatoria na que os estudantes crean o seu propio periódico con noticias do seu centro, que logo son publicadas en formato xornal por Faro de Vigo.