Abel Caballero participa na entrega dos premios de "Faro da Escola"
O alcalde en funcións animou esta mañá a máis de 2000 escolares de 55 colexios vigueses e da comarca a que "estuden, primeiro, e se divirtan despois" durante o acto de entrega dos premios de Faro da Escola, unha convocatoria na que os estudantes crean o seu propio periódico con noticias do seu centro, que logo son publicadas en formato xornal por Faro de Vigo.