Caballero invita ás viguesas a participar na Carreira Feminina
Abel Caballero participou este martes na presentación dunha nova edición da Carreira Feminina de Vigo. A proba, presentada nas instalacións de El Corte Inglés, celebrarase o vindeiro 16 de xuño e os organizadores esperan unha participación de unhas 1.500 mulleres aproximadamente. O alcalde animou ás viguesas a participar e defendeu a igualdade da muller na sociedade actual. Caballero augurou unha longa vida á proba deportiva.