Escoitar

O Concello concede catro licencias de rehabilitación para edificios do Casco Vello

A Xerencia de Urbanismo vén de aprobar catro licencias para reformar inmobles en mal estado no Casco Vello. Trátase dunha prórroga para o edificio coñecido como o Pazo do Marqués, na rúa Oliva, e outros tres proxectos en Ribeira do Berbés, Chao e rúa Sombrereiros.

luns, 3 xuñ 2019
1559563006190603AlcaldeRueda.JPG
A Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo concedeu na súa sesión do pasado 20 de maio licencias de rehabilitación para inmobles situados na rúa Oliva, Ribeira de Berbés e Chao. Ademais, xa está aprobado o proxecto para a demolición dunha ruína en Sombrereiros e a construción dunha nova vivenda na mesma parcela.

"A recuperación do Casco Vello é un dos nosos obxectivos prioritarios, a demolición en Barrio do Cura vai a ritmo de cruceiro e agora damos licencias para catro rehabilitacións en diferentes zonas", asegurou o alcalde, Abel Caballero, durante a súa comparecencia este luns ante os medios de comunicación.

O rexedor referíase así aos catro proxectos que están en marcha actualmente na zona histórica da cidade. Trátase dunha prórroga para a execución da obra do Pazo do Marqués, na confluencia da rúa Oliva con Xoanelo. Ademais, a Xerencia concedeu licencia para reformar una vivenda no número 5 da rúa Chao e outra para demoler o edificio do número 7 de Ribeira do Berbés, promovido polo Consorcio do Casco Vello.

Por último, no número 6 de Sombrereiros xa se levou a cabo a demolición dunha ruína e está en obras a construción dun novo edificio.

Climatización en Travesas
Por outra banda, a Xunta de Goberno Local aprobou a contratación do aluguer dun sistema completo de climatización para o pavillón central do complexo deportivo municipal de As Travesas por un importe de 55.902 euros.
Descargar todas as imaxes