O Concello adxudica a xestión de tráfico coa "máxima capacidade tecnolóxica para coches intelixentes"
O goberno de Vigo vén de adxudicar o contrato para os próximos oito anos e medio cun orzamento de 35,6 millóns. Ademais de xestionar a sala de tráfico, a rede semafórica e os túneles da cidade, o Concello despregará a infraestrutura que faga posible a interacción da cidade co vehículo intelixente.
Na súa sesión do pasado 4 de xuño, a Xunta de Goberno Local adxudicou a contratación de servizos de xestión integral e mantemento de sistemas de regulación e control do tráfico no Concello de Vigo, á unión temporal das empresas Esycsa e Etra.
Cun importe de 35,6 millóns e oito anos e medio de contrato -o que se extingue este mes data de 1993-, o Concello encarga a xestión da sala de tráfico, da rede semafórica e do mantemento dos túneles da cidade, ademais do sistema de acceso de vehículos ao casco vello, e das cámaras e sensores bluetooth dispostos pola urbe.
O goberno de Vigo encamiñou as bases do contrato a facer da urbe unha cidade intelixente, esixindo da concesionaria que poña en marcha a rede que permita a integración dos coches intelixentes, cun sistema de comunicación entre vehículos e infraestruturas. Así, a modo de exemplo, será posible que os semáforos se abran á chegada de vehículos de emerxencias.
"Estamos sacando a rede de máxima capacidade tecnolóxica para coches intelixentes", valorou o alcalde en funcións durante a rolda de prensa. "Estamos no nivel máis moderno que ten ningunha cidade de Europa", engadiu, "e queremos seguir estando na cidade intelixente para levar adiante este proceso".
Ademais, o concurso público municipal require da empresa un sistema de medición de fluxos de peóns e ciclistas na cidade, sensores que detecten a chegada de persoas aos pasos de peóns ou a instalación de avisadores acústicos para invidentes en todos os novos semáforos que se instalen en Vigo, que se poderán activar desde o teléfono móbil.