O Concello impugna o canon da Xunta pola regulación de Eiras porque non presta servizo algún á cidade
O Concello anunciou unha reclamación económico administrativa da Xunta ante a Xunta Superior de Facenda para impugnar o cobro do chamado canon de regulación na presa de Eiras. Tratase dunha taxa de 655.000 euros que o goberno aplica sen contraprestación de servizo algún.
O alcalde en funcións deu conta esta mañá da interposición dunha reclamación á decisión da Xunta de impoñer unha taxa recadatoria sobre a xestión de obras hidráulicas do encoro de Eiras. En 2018, a Xunta resolveu o cobro de 655.000 euros como canon de regulación de 2014, sen contraprestación de servizo algún para o Concello. Ante o que cualificou un "novo escándalo" da Xunta, explicou que o goberno local interpuxo daquela un recurso de reposición dado que a xestión de Eiras a realiza a empresa concesionaria da auga en Vigo. Na súa opinión, a Xunta establece un canon sobre algo que non lle custa nada á administración autonómica xa que é o Concello o que xestiona e asume os custos da presa. A Xunta, ademais, pretende que Vigo repercuta este custo no resto de municipios que reciben auga desde Eiras.
A esta cantidade hai que sumar o canon de saneamento de 5 millóns cando "a Xunta non fai nada en relación ao saneamento nin ao abastecemento" da cidade olívica. "Nos deixan sen auga e nos queren cobrar la nosa", criticou.
Estas cantidades económicas forman parte dun listado de todo o que paga Vigo por obriga da Xunta sen ter competencias, unha relación que Abel Caballero enviará ao presidente autonómico esixindo a devolución destes cobros indebidos. Entre outros, referiuse aos 355.000 euros do finanzamento dos centros de día da Xunta de Valladares, Teis e Coia; aos 205.000 euros das escolas infantís autonómicas de Valladares e da rúa Palencia -estas dúas últimas obrigas económicas están recorridas -, aos 1,4 millóns que o Concello adica a Cedro, nunha acción estritamente sanitaria; ou aos 8 millóns do canon anual de Sogama -que subiu en dous millóns nos últimos anos – entre outros.
Descargar todas as imaxes