A Nocturna Correndo por Vigo, este sábado, mantense nos 1.300 "runners" e Caballero di que é "o atletismo total"
Abel Caballero, que lembrou que será a primeira proba deportiva no barrio trala reforma da Praza de América, valorou o esforzo de mercado e comerciantes.
A sétima edición da Nocturna Correndo por Vigo regresa por unha vez máis ao barrio das Travesas. Este sábado pola noite (22:00 horas), uns 1.300 atletas, dos que 250 serán nenas e nenos ata os 15 anos, competirán na que ademais é a sexta proba do circuíto municipal Run Run Vigo e nunha carreira que o alcalde en funcións definiu como "de atletismo total".
Baixo o sobrenome da Carreira dos Valentes, os atletas que o desexen poden doar as súas calorías consumidas, que se transformarán en quilos de axuda solidaria para o Banco de Alimentos de Vigo. Os "runners" indicaron o seu peso na inscrición previa e, coa súa marca final, calcularanse as calorías queimadas, que se traducirán nos quilos de comida para a ONG que preside Pedro Pereira.
Co mesmo percorrido dos catro últimos anos, ás 21:00 horas comezarán as probas para rapaces e rapazas, "que son o máis importante deste evento", incidiu David Posada, o organizador, para minutos antes da saída conxunta dos inscritos no 5K e no 10K iniciar a súa marcha os handbikes de Discamino, algo xa tradicional estes anos.
"A proba está moi consolidada", explicou Posada, cabeza visible do Club de Deportes Carlosmiguel.com. O evento logrou fidelizar a uns 1.300 corredores cada ano e conta co apoio do Mercado das Travesas, os comerciantes da zona (Aetravi) e Campofrío, ademais do que ofrece o Concello.
Caballero, que lembrou que será a primeira proba deportiva no barrio trala reforma da Praza de América, tamén valorou o esforzo de mercado e comerciantes.
Á presentación da nocturna, no mercado das Travesas, acudiron deportistas de Discamino, o xerente do mercado, Delmiro Hermida, e o edil de Deportes, Manel Fernández, entre outros. A organización conta un ano máis co apoio do centro Máis Que Auga da Florida (servizo de duchas) para unha carreira que atopou no segundo sábado de xuño, con menos calor, a data ideal.
O 10.000 é a quinta das nove puntuables para o circuíto Run Run Vigo de carreiras populares que patrocina o Concello. Xuño é o mes con máis probas do Run Run Vigo: disputouse o sábado pasado a Carreira da Cereixa en Beade, toca agora esta e o 23 a de San Xoán dende a Praza do Rei.
Os atletas afrontarán un percorrido iniciado ante o mercado das Travesas, na Florida, e que pasará pola Praza de América, Castelao, rúas Porriño, Baiona e Redondela, regreso a Castelao, rúa Quintela, Fotógrafo Ángel Llanos, praza da Tellada, Darío Durán Gómez e Florida. O circuíto mide uns 5.000 metros, polo que os inscritos no 10K deberán dar dúas voltas ao mesmo.
Coma sempre, a liña de meta será un espectáculo de son e iluminación para converter a carreira nunha gran festa deportiva nocturna á que se some todo o barrio.
Descargar todas as imaxes