Urbanismo
Urbanismo urxe ás adxudicatarias a construcción de vivendas protexidas na Praza Elíptica e Zaragoza
venres, 31 xan 2014O Concello da quince días ás beneficiarias para formalizar as escrituras públicas das parcelas municipais subastadas para a construcción de 36 pisos protexidos na Praza Elíptica e outros 8 na rúa Zaragoza. O goberno local tamén iniciou o expediente para realoxar a unha familia desafiuzada dun piso en Pizarro.
Urbanismo da vía libre á construcción dunha urbanización en San Miguel de Oia
venres, 24 xan 2014O alcalde deu conta da aprobación inicial do Plan Parcial de Senra que permitirá construir una urbanización de 80 chalés y 70 pisos en San Miguel de Oia. A promotora terá que ceder 4.200 m2 para zonas verdes e reservar o 40% da edificabilidade a vivendas de protección.
Urbanismo informa desfavorablemente un proxecto para unha residencia estudiantil en Mos, xunto ao campus vigués
venres, 17 xan 2014Os técnicos da Xerencia de Urbanismo obxectan un proxecto de residencia estudiantil en Mos, xunto ao campús vigués por entender que se trata dun plan supramunicipal que depende da ordenación urbanística de Vigo. O informe coida que o Plan Especial do Campus ten unha oferta dabondo e sen executar de solo para residencias.
Caballero asegura que a rehabilitación do edificio Bandeira é un "factor moi importante de creación de emprego"
venres, 17 xan 2014O alcalde asistiu hoxe venres ao acto de colocación da primeira pedra da reforma do edificio Bandeira, obra que se alongará durante ano e medio e que incluirá a humanización das rúas Vizcaia e Extremadura. Caballero ve na rehabilitación un elemento de "creación de emprego e de dinamización do comercio"
Técnicos municipais redactarán o Plan do Ensanche o que permitirá aforrar 300.000 euros
xoves, 19 dec 2013O alcalde de Vigo explicou hoxe xoves que técnicos municipais serán os encargados de redactar o Plan Especial do Ensanche, unha vez que na Xerencia de Urbanismo se rescindira co contrato asinado en 2005 coa empresa Consultora Galega S.L. Esta decisión permitirá ao Concello aforrar 300.000 euros.