xoves, 15 mai 2014
A tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, participou hoxe xoves nun foro de urbanismo e infraestructuras organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia. Durante a súa intervención, sistitizou o proxecto de cidade que defende o goberno local: viable, sostible e con seguridade xurídica.
mércores, 14 mai 2014
Trátase dunha "gran noticia" para a cidade porque, ademais de continuar coa recuperación do Casco Vello e do centro da cidade vai xerar emprego. Así se referiu esta mañá o rexedor á aprobación definitiva do PERI do Barrio do Cura que será validado o venres na Xerencia de Urbanismo e, probablemente, o luns 2 de xuño en Pleno.
xoves, 8 mai 2014
A tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, mantivo este xoves unha charla con 40 estudantes da facultade de Socioloxía da Universidade de Coruña para trasladarlles información do Vigo do presente e futuro en materia urbanística. Os alumnos visitan Vigo para estudar a cidade e as súas posibilidades.
martes, 6 mai 2014
O alcalde de Vigo avanzou hoxe que o próximo 20 de xuño rematará o prazo para puxar polas 40 vivendas de República Arxentina. Os interesados poderán entregar as súas propostas en dependencias municipais de luns a sábado.
venres, 25 abr 2014
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou un recurso contra a aprobación do PXOM vigués sobre a ubicación da depuradora. Tras unha nova resolución a prol do interese municipal, Abel Caballero concluíu que "seguimos xuntando sentenzas favorables ao Plan Xeral que garanten o cumplimento, a lei e a seguridade xurídica" do documento.
venres, 25 abr 2014
Cun importe de 348.019 euros, arrancou a segunda e última fase das obras do Centro Galego de Fotografía o que permitirá a súa posta en funcionamento. Tal e como explicou hoxe o rexedor, esta dotación cultural supuxo un investimento de 1,2 millóns de euros e terá 936 m2 útiles.
venres, 11 abr 2014
O goberno local requerirá ao Xurado de Expropiación de Galicia a revocación do taxación dos terreos expropiados en Bembrive e Beade para construir a segunda fase da Cidade Universistaria. Tal e como explicou hoxe o rexedor, o Concello interporá un recurso se a xurado non reconsidera á baixa o prezo dos terreos.
venres, 11 abr 2014
O alcalde informou este venres do procedemento para a adquisición dalgunha das 40 vivendas municipais de República Argentina que vende o Concello para sufragar a expropiación dos terreos da futura Cidade da Xustiza. Do 21 ao 25 de abril e previa cita, os pisos poderán ser visitados polos interesados.