Profesionais buscan solucións arquitectónicas para a Panifadora nun concurso internacional

xoves, 12 dec 2013

O xurado do concurso internacional de Arquitectura SC2013 Spain-China elixirá mañá venres a mellor proposta de rehabilitación para a Panificadora de Vigo. Así o explicou hoxe o rexedor logo dun encontro que mantivo cos responsables deste certame, patrocinado polo Concello, que ten por obxectivo ofrecer oportunidades para estudantes e arquitectos xóvenes de todo o mundo.