Urbanismo
O goberno local publica o listado provisional de admitidos ás vivendas municipais para familias desafiuzadas
venres, 6 set 2013A Xerencia de Urbanismo, segundo informou hoxe venres o alcalde, aprobou o listado provisional de admitidos e inadmitidos que optan a unha das sete vivendas municipais, situadas en Navia, que o Concello pon a disposición das familias desafiuzadas.
Caballero eloxia a actuación do Consorcio do Casco Vello, que rehabilitará a fachada do Berbés
mércores, 7 ago 2013O alcalde, Abel Caballero, e o conselleiro de Territorio, Agustín Hernández, presentaron este mércores o plan de actuación do Consorcio do Casco Vello -participado pola Xunta e polo Concello- para 2013-2017, que completará a rehabilitación da zona alta e comezará coa Ribeira do Berbés, actuación proposta polo goberno de Vigo.
Urbanismo inicia un estudio cartográfico para delimitar as zonas desafectadas pola nova Lei de Costas
venres, 19 xul 2013O Concello inicia o estudo da aplicación da Lei de Costas que reduce de 100 a 20 metros a zona de servidumbre de protección. Tal e como explicou o rexedor, Urbanismo encargou un estudo cartográfico para coñecer cantas vivendas e núcleos van quedar desafectados de protección.
Caballero salienta que Vigo "vive no deporte e na actividade saudable" na apertura dun novo ximnasio
luns, 15 xul 2013O alcalde, a tenente de alcalde e concelleiros do goberno local acudiron este luns á inauguración do novo ximnasio Vivagym, en María Berdiales. Caballero informou que Urbanismo concedeu á empresa a licencia de actividade o pasado 11 de xullo.
O Concello inicia a recuperación da concesión do restaurante da falecida Karina Falagan
venres, 12 xul 2013A Xunta Local de Goberno aprobou o inicio do expediente de extinción da concesión administrativa do restaurante Jonathan, debido ao falecemento de Karina Falagan. Outro dos acordos tomados na reunión semanal do goberno pasa por dar luz verde á pavimentación do vial de acceso á presa de Eiras.
O Concello recolle nunha exposición fotográfica o proceso de rehabilitación do Casco Vello
mércores, 10 xul 2013Durante os próximos días, unha exposición fotográfica na rúa Príncipe exhibirá o importante proceso de rehabilitación experimentado no Casco Vello e no barrio histórico de Bouzas nos últimos anos. Tal e como explicou o rexedor, o Concello investiu 32 millóns de euros desde o ano 2007.