O alcalde avanza que en tres meses abrirá o centro comercial do edificio Bandeira
O alcalde de Vigo visitou este xoves os traballos de rehabilitación do emblemático inmoble, que abrirá as súas portas en tres meses. Caballero recordou que a mellora presenta un investimento superior aos catro millóns de euros e conlevará tamén a humanización das rúas Vizcaia e Extremadura.
Segundo explicou o rexedor, o futuro centro comercial do edificio Bandeira abrirá as súas portas en tres meses, será "unha gran obra" que dará un "gran impulso" ao entorno, e incluirá un establecemento de Mercadona e pequeno e mediano comercio. Caballero tamén salientou a "sensibilidade arquitectónica" coa que se está a rehabilitar este inmoble.
O primeiro edil subliñou que esta mellora contempla ademáis a humanización das rúas Vizcaia e Extremadura, que se verán ampliadas en dous metros, obra que comezará "de forma inmediata".
A rehabilitación consiste no traslado, reedificación e ampliación da edificación existente de "Bodegas Bandeira" para centro comercial. Estará composto de dous andares-soto para estacionamento, soto e semisoto, planta baixa e dúas alturas para usos comerciais e recreativos.
O orzamento total supera os 4 millóns de euros, explicou Caballero, para unha edificabilidade proxectada de case 8.100 metros cadrados. Mercadona abrirá un local no inmoble de 3.818 metros cadrados e a próxima semana dará comezo á súa propia obra.
Descargar todas as imaxes