Escoitar

Actividade no Auditorio Municipal da fin de semana

Esta fin de semana o Auditorio Municipal contará con diversas actividades, que inclúen teatro, música e proxeccións, e que contan coa colaboración da Concellería de Cultura, Festas e Museos:VENRES 30, 21:00 h: PINGA TEATRO, "EGO"SÁBADO 31, 20:30 h: Concerto de LULAVAI - DOMINGO 1, 20:00 h: Proxección curtametraxe "DEBER"

xoves, 29 xan 2015
1422529425auditorio.jpg
- VENRES 30, 21:00 h: PINGA TEATRO, "EGO"
Un pintor pechado no seu estudo fai un repaso da súa vida, aliándose cunha cámara de vídeo, para dar fe de si mesmo, e gravar unha e outra vez a verdade de todos os aspectos da súa vida, sacando o EU máis egoísta, ás veces perverso, ás veces infantil ou/e contradictorio do seu ser.

Entrada: 8 € no despacho de billetes do auditorio dende as 19h; posiblidade de adquirir anticipadamente a 7€ no correo-e: pingateatro@gmail.com

Dramaturxia e dirección: Miquel Condal
Interpretación: Fran Paredes
Producción: Pinga Teatro

- SÁBADO 31, 20:30 h: Concerto de LULAVAI
Concerto de presentación do segundo traballo de Lulavai, titulado "Lémbrame un soño", que evocando o tema do célebre cantor portugués Fausto, reflexa á perfección a elegante e delicada atmósfera propia do grupo. Nesta nova etapa, fusionan composicións propias con música de raíz, sen perder o referente da música tradicional galega, dando como resultado un traballo máis intimista e persoal
Entradas: 5 € no despacho de billetes do auditorio dende as 19h

- DOMINGO 1, 20:00 h: Proxección curtametraxe "DEBER"

Gromland Producciones, coa colaboración da Concellería de Cultura, Festas e Museos, presenta a curtametraxe "DEBER", con entrada libre ata completar aforamento.

Dende nena, a Sonsoles fascínalle a maxia. Por eso, cando o ilusionista John Mistery a invita a formar parte dun número de hipnotismo, non pode ser máis feliz.

O problema é que cumplir o seu soño vai ser o pesadelo doutros...

Ficha artística
Mayka Braña
Uxía Blanco
Belén Costenla
Alejandro Garrido
Con María Salgueiro, Muriel Pernas e Diana González

Ficha técnica
Guión e dirección: Ángel Manzano
Fotografía: Diego de Coo
Música: Martiño Toro
Descargar todas as imaxes