Escoitar

O Concello estuda novos puntos da cidade onde habilitar carrís específicos para motos

O goberno de Vigo puxo en funcionamento na rúa Venezuela, na confluencia coa Gran Vía, o primeiro carril propio para motos, un proxecto piloto para pasar entre os coches á zona adiantada cando estea o semáforo vermello. Caballero salientou que polo de agora está a funcionar ben e avanzou que se estudan novas ubicacións onde instalalo.

xoves, 29 xan 2015
Abel Caballero explicou que a Policía Local, no primeiro dia de funcionamento do pioneiro carril de Venezuela, apunta que está a funcionar "francamente ben", da "fluidez" ao tráfico, permite a circulación das motos sen dificultar "en absoluto" aos carrís dos automóbiles.