Escoitar

Vigo aspira a ser declarada Cidade da Infancia de Unicef en 2016, a primeira de Galicia

Abel Caballero avanzou hoxe que Vigo aspira a ser declarada Cidade da Infancia de Unicef en 2016. Na súa opinión, xa se cumplen os requisitos que establece a ONG, tal e como certificaron ao alcalde as responsables de Unicef coas que hoxe mantivo un encontro na Alcaldía.

xoves, 29 xan 2015
1422535250unicef.JPG
Vigo xa cumple a práctica totalidade dos requisitos que establece Unicef para ser declarada Cidade da Infancia polo que o rexedor se amosou convencido de obter este recoñecemento en 2016. Deste xeito, Vigo sería a primeira cidade galega que o solicita e que o obtén, unha vez que xa dispón da Mención Honorífica -a única en Galicia- que é o paso previo a ser recoñecida Cidade da Infancia.

Logo de manter unha reunión coas responsables da ONG en Vigo, o alcalde explicou que a cidade xa supera as demandas da ONG, entre elas, o número de parques infantís, a atención aos colexios ou á xuventude. O único que falta, precisou, é dárlle carácter oficial ás contínuas sesións plenarias que se orgarnizan con nenos ou mozos no Salón de Plenos do Concello.
Descargar todas as imaxes