O rexedor di que o proxecto de Barrio do Cura permitirá rehabilitar unha zona da cidade moi deteriorada

venres, 19 abr 2013

O proxecto urbanístico para Barrio do Cura xa está en marcha, coa aprobación unánime do Plan de Reforma Interior que se aprobou hoxe venres na Xerencia de Urbanismo. A proposta contou con todos os informes favorables e agora hai un mes de información pública. A partir de aí, a Xunta deberá emitir un informe sectorial preceptivo para su eventual aprobación en Pleno.