Escoitar

O goberno realoxa en Navia a unha das familias expropiadas para construir a Cidade da Xustiza

O alcalde reiterou hoxe xoves que o Concello cederá en setembro preto de 5.000 m2 á Xunta de Galicia para construir a Cidade da Xustiza. Dentro do proceso para facerse cos terreos, a Xerencia de Urbanismo aprobou esta mañá a adxudicación dunha vivenda en Navia a unha familia expropiada que poderá vivir nela durante 10 anos.

xoves, 30 xul 2015
A Xerencia de Urbanismo aprobou hoxe xoves a adxudicación dunha vivenda en Teixugueiras (Navia) a unha familia que poderá vivir nela dez anos improrrogables e sen pagar renta, aboando únicamente os gastos de comunidad, auga e luz. Trátase, detallou, dun núcleo de cinco membros, un deles, un bebé. Respecto das restantes 7 familias con dereitos de realoxo recoñecidos, catro, considéranse integrados na indemnización percibida pola expropiación; outra, -con dous membros- percibirá unha indemnización sustitutiva, a petición do interesado que non quería un realoxo nunha vivenda municipal. Nos outros dous casos, os realoxados poderán optar por unha vivenda municipal -tamén durante dez anos- ou recibir unha indemnización de algo máis de 24.000 euros.

Deste xeito prosegue o procedemento que permitirá ao Concello poñer a disposición da Xunta de Galicia preto de 5.000 m2 de terreo, dos que 3.000 tiveron que ser adquiridos polo Concello. Cun orzamento de 2,6 millóns de euros, expropiáronse expropiáronse 18 parcelas e 6 vivendas, unha cantidade económica á que hai que sumar outro preto de millón e medio de euros dunha parcela pública que non tivo que ser expropiada. En declaracións aos medios, lembrou que o custo desta expropiación é competencia exclusiva da Xunta de Galicia pero que o Concello a asumiu para non prexudicar aos vigueses.