xoves, 30 xul 2015
O alcalde reiterou hoxe xoves que o Concello cederá en setembro preto de 5.000 m2 á Xunta de Galicia para construir a Cidade da Xustiza. Dentro do proceso para facerse cos terreos, a Xerencia de Urbanismo aprobou esta mañá a adxudicación dunha vivenda en Navia a unha familia expropiada que poderá vivir nela durante 10 anos.
xoves, 30 xul 2015
O alcalde achegouse esta mañá ao Auditorio Mar de Vigo para darlle a benvida ao músico británico Eric Burdon, que ofrecerá esta noite o único concerto en España. En declaracións aos medios, Caballero amosou a súa "admiración" por este cantante de blues, rhythm&blues e rock, membro fundador e vocalista de The Animals, banda coa que acadou o éxito na década dos sesenta.
xoves, 30 xul 2015
Abel Cabalero avanzou este xoves que Vigo ten como un dos seus obxectivos contar cunha Escola Superior de Danza dada a calidade e a elevada afección que existe na cidade. Logo de manter un encontro coa directora de Danza Pasiños, o alcalde comprometouse a contar cos alumnos deste centro nas actividades lúdicas e culturais que organiza o Concello e animou a todos os centros da cidade a a incorporarse a esta iniciativa.
xoves, 30 xul 2015
A Coral Casa Blanca ofrece o venres, día 31, un concerto no auditorio de Castrelos ás 23 horas, con entrada libre. A Coral está dirixida por Oscar Villar e arranxos orquestrais de Marcos Valcarcel.
xoves, 30 xul 2015
Tras o éxito da pasada edición de 40 HOT MIX ROAD SHOW na que os 40 fixeron vibrar ao aire libre a máis de 80.000 persoas en todo o país, Vigo acolle unha das 14 festas que fará aos asistentes sentir o auténtico "efecto Hot". 40 PRINCIPAIS Vigo co patrocinio do Concello de Vigo desenvolve este evento de máis de 4 horas de duración presentado polos Dj´s de 40 PRINCIPAIS EDU NARANJO e JL GARCÍA.