Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 30 xul 2015
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 31 DE XULLO DE 2015.


1.- Acta da sesión ordinaria e extraordinaria e urxente do 17 de xullo de 2015.

CONTRATACIÓN
2.- Clasificación de ofertas no procedemento negociado con publicidade para a contratación das obras de "Estabilización do noiro do camiño da Lagoa en Teis. Expte. 3175/440.

3.- Adxudicación dos lotes 6 e 7 do procedemento aberto para a contratación da subministración de vestiario para o persoal municipal. Expte. 71366/250.

4.- Adxudicación do procedemento aberto para a contratación do Servizo de mantemento integral das instalacións electromecánicas dos túneles, pasos inferiores e galerías de servizos da cidade de Vigo. Expte. 15341/444.

5.- Dar conta da resolución do TACRC, de data 17.07.15, recaída no expediente de contratación do subministro en réxime de arrendamento de dispositivos de impresión. Expte. 7075/113.

CULTURA
6.- Fixación de prezos de venda de entradas da Programación Vigocultura do Servizo de Cultura e Bibliotecas no Auditorio municipal no segundo semestre do ano 2015. Expte. 15045/331.

DESENVOLVEMENTO LOCAL E EMPREGO
7.- Promoción polo Concello de Vigo do proxecto empresarial "KidCode" para a súa presentación ao Programa de Iniciativas Locais de Emprego (ILEs) da Consellería de Traballo e Benestar. Expte. 12113/77.

8.- Promoción polo Concello de Vigo do proxecto empresarial "Alma e Coraxe S.L." para a súa presentación ao Programa de Iniciativas Locais de Emprego (ILEs) da Consellería de Traballo e Benestar. Expte. 12109/77.

EDUCACIÓN
9.- Prórroga do contrato de servizos para a xestión da Escola Infantil Santa Marta-Casco Vello. Expte. 11367/332.

FESTAS
10.- Proxecto de convenio de colaboración co Centro Veciñal e Cultural de Valadares para a organización da Festa do Polbo 2015. Expte. 6115/335.

11.- Proxecto de convenio de colaboración coa Federación de Peñas Recreativas El Olivo para a organización da Festa do Mexillón 2015. Expte. 6116/335.

POLICÍA LOCAL
12.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados pola Xefatura da Policía Local durante o segundo trimestre do ano 2015 (abril, maio e xuño). Expte. 44848/212.

RECURSOS HUMANOS
13.- Produtividade por acumulación de tarefas da Xefatura do servizo de Administración Electrónica -1º trimestre 2015. Expte. 26868/220.

14.- Domingos, festivos e noturnidade do persoal municipal- Xuño 2015. Expte. 26875/220.

15.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal dos distintos servizos correspondentes aos meses de xaneiro 2015 a maio 2015. Expte. 26728/220.

16.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal da Policía Local por servizos de Gran Gala con motivo do nomeamento do novo Alcalde o día 13/06/2015. Expte. núm.: 26766/220.

17.- Complemento productividade dos condutores adscritos ao Gabinete da Alcaldía correspondente ao 2º trimestre 2015. Expte. 26802/220.

18.- Complemento de produtividade por xornada partida do persoal do servizo de Cemiterios correspondente a xuño 2015. Expte. 26814/220.

19.- Complemento produtividade do persoal de Vías e Obras por servizos prestados nas brigadas de pavimentación correspondente aos meses de maio e xuño 2015. Expte. 26815/220 e 26824/220.

20.- Complemento produtividade por toxicidade do persoal do servizo de Desinfección correspondente aos meses de maio e xuño 2015. Expte. 26835/220.

21.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal da Policía Local por servizos de Gran Gala con motivo do nomeamento do acto "Vigueses distinguidos" o día 06/07/2015. Expte. 26847/220.

22.- Complemento de produtividade por conducir maquinaria pesada do persoal do Parque Mobil correspondente ao 2º trimestre 2015. Expte. 26849/220.

23.- Complemento de produtividade ao persoal de Policía-Seguridade da Alcaldía correspondente ao 1º semestre 2015. Expte. 26865/220.

24.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios por exceso de xornada anual do persoal do servizo de Cemiterios correspondente ao mes de xuño 2015. Expte. 26878/220.

25- Dar conta de Resolucións do concelleiro delegado da Área de Xestión municipal e Persoal:

a) Execución de Sentenza nº 71/2015, do Xdo. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo, no P.A. 406/2014, interposto por D. José Rodríguez López (incentivo á xubilación anticipada). Expte. núm.: 26820/220.

b) Traslado da funcionaria Dna. Carmen Sastre Vázquez ao servizo de Turismo. Expte. núm.: 26877/220.

c) Traslado do funcionario D. Antonio Bernárdez De Dios á Unidade de Apoio ao Consorcio do Casco Vello de Vigo. Expte. núm.: 26876/220.


26.-Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 31 de xullo de 2015, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.


Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á Secretaria do Goberno e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 31 de xullo de 2015.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Mª Isaura Abelairas Rodríguez.