venres, 31 xullo 2015

Los Enemigos e Agoraphobia en Castrelos

O grupo musical madrileño Los Enemigos actuarán o sábado 1 de agosto dentro do programa de Festas en Vigo 2015. Unha hora antes, ás 22.30 horas, será o momento das teloneiras, nesta ocasión Agoraphobia, unha banda galega de garaxe indie rock composta íntegramente por mulleres.

Pechada ao tráfico a rúa ESPIÑEIRO

venres, 31 xul 2015

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de canalización de gas, a realizar pola empresa Gas Galicia Sdg,S.A., estará pechada ao tráfico a rúa ESPIÑEIRO(CMÑO) Nº 106 - 124 (VIGO), con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, dende o 03/08/2015 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.<br />