Escoitar

Los Enemigos e Agoraphobia en Castrelos

O grupo musical madrileño Los Enemigos actuarán o sábado 1 de agosto dentro do programa de Festas en Vigo 2015. Unha hora antes, ás 22.30 horas, será o momento das teloneiras, nesta ocasión Agoraphobia, unha banda galega de garaxe indie rock composta íntegramente por mulleres.

venres, 31 xul 2015
1438343448losenemigos.jpg
Los Enemigos é un grupo musical formado en 1985 en Madrid que foi durante case 20 anos una das bandas máis importantes do rock en español. O mesmo ano da súa formación gañan o concurso de rock Vila de Madrid, e gravan ao ano seguinte o seu primeiro álbum Ferpectamente. En 2001 e 2002 publicaron Obras escocidas (1985-2000) e Obras Escondidas, recompilatorios en directo da xira que serviu como despedida para os seus seguidores. En 2012 regresaron de novo aos escenarios.

Realizaron múltiples colaboracións, en discos homenaxe a Joan Manuel Serrat, Rosendo Mercado, Burning ou Federico García Lorca; na recompilación en defensa da oficialidade da lingua asturiana, L'asturianu mover, ou para bandas sonoras de películas, como Teño unha casa de Mónica Lagoa ou Se buscan fullmontis de Álex Calvo-Sotelo.

Agoraphobia, naceron en Boiro hai oito anos e foron evolucionando ata grabar a súa propia maqueta e comezar unha xira. Nelas podemos observar inspiración doutos grupos como Violent Femmes, The Donnas o los Yeah Yeah Yeahs.

A banda feminina gañou numeros premios tanto a nivel estatal como na nosa comunidade.
Mañá o seu turno será en Castrelos como teloneiras do grupo madrileño Los Enemigos.
1438343448losenemigos.jpg
1438343460agoraphofiaband.jpg
Descargar todas as imaxes