Escoitar

A Uned ampliará as súas intalacións no Auditorio Mar de Vigo ao longo do próximo curso

O alcalde avanzou hoxe xoves que en setembro se rubricará o acordo que permitirá trasladar a Uned ao Auditorio Mar de Vigo. Así o dixo durante a visita ás obras de restauración e conservación que se veñen de realizar na sede do Casco Vello, cun orzamento de 45.000 euros.

xoves, 30 xul 2015
1438266305uned.JPG
O acordo para trasladar a Uned ao Auditorio Mar de Vigo estará asinado en outubro, segundo avanzou esta mañá o rexedor durante unha visita ás obras de conservación e restauración que se acometeron na sede do Casco Vello desta dotación educativa. Deste xeito, o alcalde prevé que o traslado poda materializarse ao longo do primeiro trimestre do próximo curso xa que as instalacións deste edificio quedaron pequenas para albergar todas as titulacións. Ademais da aula de acceso, impártense 5 carreiras que xa están en funcionamento, Dereito, Inxeñeiría en tecnoloxías da información, Inxeñeiría informática, Turismo e Educación Social, o Concello solicitará tamén a implantación de Psicoloxía, Xeografía e Historia, Ciencias Políticas e Administración e Socioloxía.

Respecto das obras da sede do Casco Vello, a actuación consistiu en darlle un novo tratamento á madera en portas, ventás e galería, cun orzamento de 45.000 euros. Segundo detallou, levantáronse as ventás da planta baixa e alta para o seu lixado e a recuperación de pezas defectuosas, ademais de aplicar un recubremento de alta resistencia, ideal para madeiras exteriores. Esta mesma aplicación efectuouse nas galerías e nas portas. Tamén se procedeu ao chorreo de auga nas zonas exteriores e á reposición das zonas deterioradas.

Unha vez realizada a limpeza, aplicouse un tratamento impermeabilizante na totalidade da superfice exterior do edificio. De xeito paralelo, acometeuse a limpeza do canalón perimetral e a reparación das baixantes pluviais exteriores.
Descargar todas as imaxes