O goberno de Vigo facilita a contratación de 38 profesionais de apoio ao comercio e ao deporte
Segundo informou este martes o alcalde, a Xunta de Goberno Local aprobou os convenios coas asociacións de comerciantes Zona Centro e Zona Príncipe, dentro do Plan de Emprego municipal, para a contratación de 7 e 6 traballadores, respectivamente. O goberno de Vigo tamén acordou outorgar subvencións a 8 entidades deportivas sen ánimo de lucro, facilitando a contratación de 25 profesionais.