O goberno de Vigo facilita a contratación de 38 profesionais de apoio ao comercio e ao deporte
Segundo informou este martes o alcalde, a Xunta de Goberno Local aprobou os convenios coas asociacións de comerciantes Zona Centro e Zona Príncipe, dentro do Plan de Emprego municipal, para a contratación de 7 e 6 traballadores, respectivamente. O goberno de Vigo tamén acordou outorgar subvencións a 8 entidades deportivas sen ánimo de lucro, facilitando a contratación de 25 profesionais.
Abel Caballero deu conta dos principais asuntos da Xunta de Goberno Local celebrada onte, como as propostas de convenio para conceder subvencións a dúas asociacións de comerciantes, no marco do fomento de emprego do Concello.
O goberno de Vigo concede 50.000 euros á Zona Centro para contratar a 7 traballadores, entre xaneiro e setembro, para desenvolver proxectos de mellora na prestación de servizos e dotar aos comerciantes de novas ferramentas de comunicación, promoción e innovación que melloren a súa competitividade e capacidade. Cos mesmos obxectivos, o Concello de Vigo achega 40.000 euros á Asociación de Comerciantes para posibilitar a contratación de seis profesionais.
No tocante ao deporte, Caballero explicou que a Xunta de Goberno Local aprobou outorgar subvencións por valor de 78.000 euros a oito entidades deportivas sen ánimo de lucro: Club de Esgrima de Vigo El Olivo, Asociación de Fútbol Afeccionado de Vigo, San Roque Casablanca CF, Asociación Deportiva Tamiar, Club Ciclista Vigués, Club Deportiva Coia, Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia e Club Cicloturista Valladares. Con este apoio económico municipal, as formacións deportivas contratar a 25 profesionais.
Outros acordos
Abel Caballero explicou ademais que o goberno local aprobou o convenio para subvencionar con 65.000 euros á Asociación de Corais Polifónicas de Vigo para a realización do Festival de Habaneiras e Polifonía "Ao Son de Vigo". Tamén deu luz verde ao texto do acordo coa Asociación de Axuda ao Enfermo Mental, DOA, para respaldar con 7.300 euros a súa actividade social durante este ano.
Por último, a Xunta de Goberno Local abordou a clasificación de ofertas para realizar obras no Camiño Portiño, cun importe próximo aos 70.000 euros e dous meses de prazo para a reparación dun noiro e a construción dun novo muro de soporte.
Descargar todas as imaxes